Parque provincial Monte Robson

O Parque Provincial Monte Robson é un gran parque provincial nas Montañas Rochosas do Canadá cunha área de 2249 km². O parque está localizado completamente dentro da Columbia Británica, lindeira co Parque Nacional Jasper na provincia de Alberta. Foi creado de forma legal en 1913, o mesmo ano que foi ascendido por primeira vez o monte Robson por un grupo liderado por Conrad Kain.

A primeira pista turística foi construída en 1913 polo provedor do Parque Nacional Jasper, Donald "Curly" Phillips, paralelo ao río Robson até o lago Berg.

De maio a setembro, o centro de visitantes está aberto, ao sur do miradoiro do Monte Robson na estrada Yellowhead. Os únicos servizos dentro do parque son unha combinación de gasolineira e cafetaría no citado miradoiro.

Para chegar ao parque, hai que coller a estrada Yellowhead durante 390 km ó oeste de Edmonton ou 290 km ó leste de Prince George.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy